O elefante na habitación

"Elefante na habitación" é unha expresión métaforica que fai referencia a unha verdade evidente que é ignorada ou pasa inadvertida.
Os datos falan por si sós, eliminar a carne e os produtos lácteos da dieta reduce a pegada de carbono dos alimentos até nun 73%.
Por que se nega o feito de que as mellores formas de combater a crise climatica é unha dieta plant-based?
En xeral, o consumo de alimentos cárnicos trae consigo un uso moito maior de auga que o dos vexetais. Por exemplo, a produción dun quilogramo de carne bovina implica de media a utilización de 15.415 litros, segundo datos do estudo 'The water footprint of farm animals and animal products', realizado por Mekonnen e Hoekstra e recolleito pola plataforma Water Footprint Network. Este é o tipo de alimento cárnico menos sostible en termo de uso de auga. Á carne de vaca e de touro séguenlle con moita distancia a de ovella e cabra, con 8.763 litros por kg.
No outro extremo da clasificación de produtos segundo o seu consumo de auga atópanse as verduras, nas que son necesarios 322 litros de auga por cada 1000 gramos.
O problema aquí é que a xente non pensa o prezo real do consumo e prefire o pracer para comer carne a itentar chegar a un futuro común prospero.
Temos o poder de cambiar o futuro tres veces ao día, cada vez que comemos.